Skip to Content

freelens

nika's picture

FreeLens: Resultados e galería

Freelens

Despois de un par de semanas dende que se fixeran públicos (mea culpa), xa se poden ver os gañadores e traballos presentados ó primeiro certame de fotografía Creative Commons FreeLens. Queremos agradecer a todos os participantes que enviaran os seus traballos e eperamos que disfrutedes coas imaxes como nos disfrutamos organizandoo: http://www.inestable.org/freelens

nika's picture

Aberto o plazo para enviar obras ó FastLens 2011

Con un pouco de tardanza (culpa miña), quero dar por aberto o prazo de recepción de obras para o FastLens de este ano, que este ano terá como temática as festas do Apostolo en Santiago de Compostela. Polo que tedes ata o proximo martes, día 26 de xullo ás 23:59h. Calquera fotografía coa temática proposta será válida para optar ó premio de 100€. Ademáis, aínda está o plazo aberto para o festival FreeLens. Podedes ver máis información en http://www.inestable.org/freelens

nika's picture

Aberto o plazo de recepcion de obras para FreeLens

Hoxe, 21 de xuño, ábrese o plazo de recepción de obras para o certame de fotografía Creative Commons FreeLens, podedes enviar as vosas fotografías ata o próximo 29 de xullo de 2011. Podedes atopar as bases e máis información en www.inestable.org/freelens

nika's picture

Comeza o camiño de FreeLens

Como xa anunciaba fai uns días, estamos a organizar un certame de fotografía Creative Commons, e o primeiro paso é ter unha web para el. Pois aquí a tedes:FreeLens.

Freelens

Como podedes ler na web, nos próximos días fixaremos as categorías e os premios, polo que pouco a pouco van chegar novidades fotográficas =).

nika's picture

Próximos eventos

Saúdos amigos, aínda que pareza o contrario, en Inestable estamos a traballar duramente nas próximas actividades que levaremos a cabo e queremos adiantarvos 2 novidades das que teredes máis información nos vindeiros días:

  • Freelens: O certame de fotografía Creative Commons que levaremos a cabo durante os meses de verán.
  • Noite Drupal: Por medio dunha colaboración coa Comunidade "O Zulo" de Mugardos e Galpón de Vigo, realizaremos en Ordes unha xornada sobre o xestor de contidos Drupal.

Freelens - Certame de fotografía Creative Commons

Freelens

Freelens

Resultado do certame

Categoría Xeral

O sendeiro
O sendeiro (By-Nc-Nd), por Luis Barca Buyo:
Punto de partida dunha dura travesía. Dende aquí podemos observar as dificultades que deberá afrontar o camiñante.

Retrato

Descansa

Syndicate content