Skip to Content

xornadas

diego's picture

Premio concurso PKI

Traemos información fresca aínda que con un pouco de retraso:

O formato do concurso que pecha este ano as Xornadas GNU/Linux de Ordes consistirá nun simple xogo estilo quiz de preguntas e respostas sobre o que se vaia vendo nas propias xornadas así como de cultura xeral sobre o mundo do software libre.

Cada pregunta terá unha puntuación en función da dificultade e o gañador poderá levarse para casa un TABLET PC co sistema operativo Android cortesía de ATX valorado en máis de 100€

Información máis concreta para o concurso dentro das propias Xornadas, polo que se deduce que será presencial ;-)

Saúdos!

diego's picture

Programa VIII Xornadas sobre GNU/Linux de Ordes

Estamos moi contentos de podervos anunciar que xa temos o programa definitivo para as VIII Xornadas sobre GNU/Linux de Ordes que levamos organizando dende 2003.

Estas xornadas constan de dous días de obradoiros sobre o sistema operativo GNU/Linux e o software libre en xeral. Nelas pretendemos achegar o público asistente os beneficios de empregar dito software.

Este ano contaremos ademáis cun pequeno concurso chamado PKI e no que o gañador recibirá un pequeno premio que confirmaremos ó longo desta semana, así coma o formato do concurso.

A asistencia as xornadas é gratuíta.

Aquí está o programa:

  • Xoves 21 Mañá (10 - 13.30)
  • Presentación (30') N. Vidal
  • Charla sobre software libre (90') S. Tabarés
  • Obradoiro de drupal (90') A. Permuy
  • Xoves 21 Tarde (16.00 - 19.30)
  • FEDWI (Porque internet non é software nin é libre) (90') D. Bañobre
  • Software libre na universidade (90') M. Branco , D. Lendoiro (formato barcamp)
  • Venres 22 Mañá (10 - 13.30)
  • Túneles IP cifrados con OpenSSH (90') O. Casal
  • Presentación Obradoiro Arduino (90') J. Rodríguez
  • Venres 22 Tarde (16 - 19.30)
  • Presentación obradoiro de Lego iNXTable (90') N. Vidal
  • PKI, o concurso definitivo!
nika's picture

Call for papers Xornadas 2011

Aínda queda tempo para as Xornadas que cada ano organiza Inestable, e que este ano van xa pola octava edición, pero gústanos ir adiantando traballo e gustaríanos que a xente se animase a vir de poñente, polo que facemos un chamamento para que nos enviedes as vosas propostas.

Syndicate content