Estamos moi contentos de podervos anunciar que xa temos o programa definitivo para as VIII Xornadas sobre GNU/Linux de Ordes que levamos organizando dende 2003.
Estas xornadas constan de dous días de obradoiros sobre o sistema operativo GNU/Linux e o software libre en xeral. Nelas pretendemos achegar o público asistente os beneficios de empregar dito software.
Este ano contaremos ademáis cun pequeno concurso chamado PKI e no que o gañador recibirá un pequeno premio que confirmaremos ó longo desta semana, así coma o formato do concurso.
A asistencia as xornadas é gratuíta.
Aquí está o programa:
- Xoves 21 Mañá (10 - 13.30)
- Presentación (30') N. Vidal
- Charla sobre software libre (90') S. Tabarés
- Obradoiro de drupal (90') A. Permuy
- Xoves 21 Tarde (16.00 - 19.30)
- FEDWI (Porque internet non é software nin é libre) (90') D. Bañobre
- Software libre na universidade (90') M. Branco , D. Lendoiro (formato barcamp)
- Venres 22 Mañá (10 - 13.30)
- Túneles IP cifrados con OpenSSH (90') O. Casal
- Presentación Obradoiro Arduino (90') J. Rodríguez
- Venres 22 Tarde (16 - 19.30)
- Presentación obradoiro de Lego iNXTable (90') N. Vidal
- PKI, o concurso definitivo!