Bueno, bueno, bueno... Leo en Gizmodo (inglish), que Microsoft patentou o comando "sudo", é dicir, Microsoft patentou un comando que ven de serie nos sistemas *NIX dende fai moitísimo tempo e que se pode probar fácilmente que non foron eles os que o inventaron, ou que ese nome xa existía antes. Como comentan no enlace de arriba, alguén na oficina de patentes debía estar durmindo cando se patentou isto.
Polo que parece, teñen do seu lado que como crearon un GUI, enton as diferencias son tales que se pode patentar. Personalmente penso que é un sinsentido, igual que o resto de patentes. A viñeta que ilustra a noticia, pertence a XKCD, e xa facía gracia antes de que tiveran a patente ;D.
Comentarios
Microsoft patenta o comando "sudo"
Queda pouco para que patenten a reproducción mediante gametos e teñamos que pagarlles por parir novos clientes!!!