Ubuntu lanza a súa versión 9.10

Si rapaces, a xente de Ubuntu publicou onte a versión que lle tocaba este mes, a cal ten como nome en clave Karmic Koala, coa tendencia que tivo esta distribución dende os seus comezos fai algúns anos: ser un referente no escritorio GNU/Linux e plantarlle cara ás alternativas comerciales.

Hai que decir que esta versión introduce bastantes novidades, como poden ser:
- Firefox 3.5
- Directorio /home cifrado como opción na instalación.
- OpenOffice.Org 3, cunha declaración xurada de que non leva a Clippy instalado.
- Rhythmbox con soporte para iPod e emepetreses de serie.
- 2GB de espacio online "UbuntuOne".
- Un novo Software Center que servirá como entorno gráfico para apt que convivirá co Synaptic.

Onte no LOCAL DA ASOCIACIÓN, Salva máis eu tentamos instalar dende un cd recién tostado así de maneira rápida para probala pero, por algunha razón, o grub petou e decidimos realizar probas dende a versión "live", que foi bastante ben.

Como veredicto, hai que decir que ten moi boa pinta, e haberá que probar o aunemto de velocidade e suavidade da distribución que comentan na sua web,

Comentarios

Problem with activation

Hi there, I dont know if I am writing in a proper board but I have got a problem with activation, link i receive in email is not working... http://www.inestable.org/?df713f5ba91423801dff02bc214,