Skip to Content

III Noite Drupal & GNU/Linux en Ordes

salva's picture

É un pracer publicar a celebración do evento III Noite Drupal & GNU/Linux que se desenvolverá na Casa de Cultura de Ordes o 9 de decembro de 2011. Dende a asociación queremos agradecer á Comunidade O Zulo, GALPon e Ociorum o seu interese en continuar organizando estas "noites".

Resumo da actividade

  • Data: 9 decembro de 2011
  • Lugar: Casa da Cultura, Ordes.
  • Horario: 22:30 a 05:30
  • Aforo: 30 participantes
  • Inscrición: É gratuíta e necesaria para participar no evento [Inscribirse]

Esta actividade consiste nun encontro-foro onde promocionar e compartir coñecementos e experiencias no ámbito de desenvolvementos web e sistemas abertos libres, a través de charlas, obradoiros e debates. Os participantes aos que vai dirixida deberán ter coñecementos medios e avanzados coa finalidade de poder realizar aportacións, ainda que, por suposto, a porta está aberta a tódalas persoas que desexen asistir.

Obxectivos

  • Crear un espazo dinámico de referencia de innovación,dinamización e intercambio de coñecemento arredor da Comunidade de usuario Drupal e GNU/Linux
  • Fomentar o uso de tecnoloxías libres a abertas no desenvolvemento web.
  • Crear un colectivo ou "comunidade" itinerante de intercambio de coñecementos libres, ensinando e sobre todo aprendendo.

Formato do evento

Partindo dun formato aberto e dun caso práctico moi sinxelo, tentaremos entre todos darlle forma nas sete horas que durará o evento. Divideremos a noite en varias partes. Cada parte terá unha sesión introdutoria a modo de charla informal breve sobre un tema en concreto, dende a presentación das tecnoloxías a empregar ata os "hacks" e configuracións que aporten os asistentes.

Quero asistir! Quero aprender! Quero compartir! Quero ensinar!

Estamos convencid@s de que o coñecemento libre e compartido é unha peza fundamental para a o desenvolmento dunha sociedade libre e xusta. Asiste ó evento! Queremos ensinar! Queremos compartir! Queremos aprender!

Cea

Estamos a argallar unha cea previa ao evento, nun sitio económico e familiar antes do evento. No formulario de inscripción deberás poñer si vas a asistir á cea previa. Publicaremos neste espazo os nicks dos asistentes así coma o lugar e hora da cea uns días antes da III Noite Drupal & GNU/Linux.