Próximos eventos
Saúdos amigos, aínda que pareza o contrario, en Inestable estamos a traballar duramente nas próximas actividades que levaremos a cabo e queremos adiantarvos 2 novidades das que teredes máis información nos vindeiros días:
- Freelens: O certame de fotografía Creative Commons que levaremos a cabo durante os meses de verán.
- Noite Drupal: Por medio dunha colaboración coa Comunidade "O Zulo" de Mugardos e Galpón de Vigo, realizaremos en Ordes unha xornada sobre o xestor de contidos Drupal.
Esperamos que estas actividades sexan do voso agrado.






