Local social Inestable!

En Inestable estamos de noraboa xa que, finalmente, temos un local social!!

Estamos todos moi emocionados pola nova cesión do concello no terceiro andar do edificio da Casa da Cultura de Ordes. Esperamos poder ter acceso a él en vindeiros días e acondicionalo con todo o material que fomos acumulando ó longo da nosa andaina asociativa.

Temos moitas ideas para poder exprimir ó máximo as instalacións con obradoiros e cursos semanais ademais de moitas outras cousas.

Comezamos unha nova fase en Inestable moi interesante!

Un saúdo

Comentarios

Local social Inestable!

Por fin!!!

Agora toca preparar a nosa base para a conquista do mundo....