Freelens - Certame de fotografía Creative Commons

Freelens
Resultado do certame
Categoría Xeral
![]()
O sendeiro (By-Nc-Nd), por Luis Barca Buyo:
Punto de partida dunha dura travesía. Dende aquí podemos observar as dificultades que deberá afrontar o camiñante.
Retrato
![]()
Descansa (By), por Verónica Juncal:
O pai con barba de tres días e o neno rendido no sofá á hora da sesta; o especial desta foto é que foi un momento real, que eu tiven a sorte de captar.
Natureza
![]()
Seda (By-Nc-Nd), por Andres Bott:
Unha posta de sol tomada dende Cabo Stay (Vigo) coas Illas Cíes de fondo.
Galería de traballos presentados
Certame de fotografía Creative Commons
Dende Inestable estamos moi orgullosos de comunicarvos que imos levar a cabo o noso primeiro certame de fotografía Creative Commons, o cal se chamará Freelens e irá da man co festival de curtametraxes Cinestable, ata o punto que os premios de Freelens serán entregados na gala que se realizará o día 5 de agosto de 2011.
Xa está aberto o plazo de entrega de obras!
Durante as próximas semanas seguiremos dandovos novidades.
En resumo
- Entrega de obras ata o 29 de xullo ás 23:59h por correo ordinario ou na dirección freelens@inestable.org.
- Categorías
- Xeral: Entre todas as fotografías presentadas ó certame, escollerase a mellor e recibirá un premio de 300€.
- Retrato: Fotografías que teñan como temática principal unha persoa ou grupo de persoas. Premiarase o mellor con 100€.
- Natureza: Entre as fotografías que teñan como tema principal a natureza, escollerase a mellor e recibiá un premio de 100€.
- Fastlens: O venres 22 de xullo propoñerase unha tematica sobre a cal se deben basar as fotografias, tendo de plazo para presentalas ata o martes 26 de xullo ás 23:59h da noite. A mellor será premiada con 100€.
- Bases do certame.
Fastlens
Neste apartado do certame pensamos en realizar un concurso diferente, no que se prime, ademáis da calidade das fotos, a premura en facela e que non sexan presentadas imaxes feitas fai tempo.
¿Como facer iso? Pois realizando mini certames nunha data concreta (anunciada con moita antelación) e cunha ventá de tempo relativamente curta (un par de días), dando así a visión que ten cada participante da idea sobre a que se realiza dito certame.
(Novidade!) O prazo de recepción de obras para o FastLens de este ano declarase aberto, e a temática vai ser o fin de semana do Apostolo 2011 en Santiago de compostela, polo que calquera fotografía que teña esa temática poderá participar no FastLens (A festa do 24 de xullo, o Festigal ou o día do Apostolo). (Novidade!)
Exposición das obras
Durante todo o mes de setembro de 2011, despois do festival, realizarase unha exposición das obras presentadas ó certame na sala de exposicións do Centro Comarcal de Ordes, situado nas Casillas, na entrada a Ordes dende Santiago (mapa). Ademáis, crearase unha galería online para que as imaxes estén dispoñibles aínda que non estés preto de Ordes.
Xurado
- Estamos buscando, se estás interesado, ponte en contacto con nosco: freelens@inestable.org
Patrocinan


Esta actividade forma parte das actividades que Inestable desenvolve ao abeiro do Convenio de Colaboración das AGUSL coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia incluído dentro do Plan de Acción FLOSS 2011.
Web actualizada o 21 de agosto de 2011





