Exito na Inestable Arduino Barcamp
A penas pasaron unhas horas dende que rematou a primeira Barcamp Arduino (#barcampOrdes11) e penso que a gran maioría estamos aínda asimilando todo o que onte vivimos, pero xa podo adiantarvos que todos os da organización estamos moi conentos co resultado da Barcamp, xa non so polas cousas que se presentaron, se non por xuntarnos e coñecer nova xente coas mesmas inquietudes, o que nos fai que estemos pensando xa en organizar a seguinte, que podería ser moi pronto. E sobre todo queremos dar as gracias de antemán a Jose, Óscar e Alex por organizar o evento.
Sendo sinceros, temos que decr que de inicio vimonos desbordados, posto que non contabamos cunha asistencia de 70 persoas, o que fixo que as primeiras horas foran un pouco caóticas, dado que había aulas ocupadas na casa da cultura e non tivemos a liberdade de outras ocasións para dividirnos, e fixo tamén que non poidéramos comer todos xuntos. A partir dese momento, intentamos que todo fora o mais fluido posible coa charla de introducción de Jose.
Na tarde, xa fixemos dous grupos ben diferenciados, para asistir ás charlas que deron Alex, falandonos do seu ben querido "Orugas", e Oscar, que nos explicou como se poden facer conexións inalámbricas mediante ZigBee. En ambas charlas tratouse que foran colaborativas e amenas, para que cada un dos asistentes opinase coas dúbidas e experiencias, e persoalmente pareceronme moi interesantes as dúas.
Pero como todo non pode ser bo, como xa comentamos antes, creouse un pequeno desorden (o que nos veu algo ben porque dou liberdade para cambias as cousas un pouco ó noso antoxo). Tamén sabemos que había algún dos asistentes con proxectos que querían presentar, pero non houbo demasiado tempo e non sei si se puxeron en contacto coa organización, haberá que ter máis en conta esas cousas para a próxima.
Sea como sea, importanos moito a vosa opinón e o feedback que nos poidades dar, polo que podedes poñeros en contacto con nos tanto por Twitter (@inestableLinux) como por mail a Jose (josejarj@inestable.org) ou mesmo a min (nika@inestable.org).
Agradecer de novo todos os asistentes, ós organizadores e en resumo a todos os que vos pasastes por alí, porque creemos que podemos facer disto algo grande.
Esta actividade forma parte das actividades que Inestable desenvolve ao abeiro do Convenio de Colaboración das AGUSL coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia incluído dentro do Plan de Acción FLOSS 2011






