Centros educativos

Actividades levadas a cabo en colaboración cos Centros Educativos da Comarca de Ordes. Colexios, Institutos de ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos...

Charlas no IES de Oroso 1T 2010

Na consecución do plan de actividades previsto para iste ano 2010, no apartado de charlas e conferencias nos Centros Educativos da nosa comarca (Ordes) impatiremos 4 charlas máis neste mes de marzo.
As charlas impartiránse a 2 grupos de rapaces de 3º de ESO.

Charlas no IES de Oroso 3T 2009

Onte 17 de decembro de 2009, os "inestables" estivemos no IES de Oroso compartindo 2 sesións lectivas (50 min/sesión) con sendos grupos de 4º da ESO.
Invitados pola súa titora Amelia tivemos a oportunidade de impartir charlas de introducción ao concepto de Software Libre.
Ambas sesións podémolas considerar de luxo posto que o aforo en cada unha delas non pasaba de 15 participantes polo que, aínda que o tempo é moi limitadiño, dounos tempo a completar sen prisas a presentación que levábamos preparada e incluso houbo ocasión de poder respostar a algunhas cuestións prantexadas polos asistentes.
Nas sesións, como é costume, fixemos entrega de CD's de Galinux aportadas por Mancomun.
Pola nosa parte fixemos o ofrecimento de impartir máis charlas no que tanto a titora coma o director estiveron moi interesados, e prantexamos a posibilidade de organizar máis charlas, algún obradoiro práctico e non só para discípulos senón tamén para docentes.