Galite.org

Distribuir contido
Actualizado: hace 1 ano 25 semanas

Presentación de GALINUX e Introduccion a DRUPAL

Xov, 12/03/2009 - 13:18

 

 

, organiza o vindeiro 21 de marzo unha xornada sobre libre no Concello de . O encontro terá lugar na Casa da Xuventude da vila e estará aberta á participación de calquera persoa interesada en iniciarse ou afondar no coñecemento das tecnoloxías e os estándares abertos.

A xornada iniciarase ás 12:00 horas coa presentación do Galinux, o sistema operativo libre e en galego promovido pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información e enmarcada no Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI 2007-2010).

A continuación impartirase un obradoiro titulado “Introdución a ”, no que se abordará a instalación deste sistema de xestión de contidos (CMS), así como a súa configuración para a creación dunha web particular, empresarial ou unha comunidade online.

Esperamos vervos a todos alí.

 

Saudos.

Categorías: LUG's Galegos

Stallman vs Linus Torvalds

Xov, 12/03/2009 - 13:18

Un novo enfrentamento entre os dous grandes iconos de GNU/Linux e do Software Libre volve a aparecer recentemente nos medios. Fai pouco "Publico" publicou unha noticia con un titular alarmante:

Stallman: "Linux no es software libre"

Naide duda da capacidade e visión que tivo Stallman de por en marcha o movemento do Software Libre e o software GNU, e poucos dudan da capacidade de Linus Torvalds ó crear o nucleo do GNU/Linux pero a naide se lle escapa que están a facer un pouco o ridículo e a mal que nos pese Stallman lévase a palma.

Sin embargo Stallman ocupouse de aclarar mediante correo electrónico esta polémica e deu a conocer os Blobs, pedazos de código non libre, insertados no nucleo para un millor soporte de Hardware.

 

Aclaracion de Stallman

Tamén se nos menciona a existencia de GNewSense ou Ututo como alternativas totalmente Libres. A libertade do software é algo esencial neste movemento posto que si carecemos dela non haberá nada que nos diferencie das solucións xa existentes. A decisión tórnase dificil:

Interoperabilidade ou Libertade

Categorías: LUG's Galegos

A crisis fomenta o uso do Software Libre

Xov, 12/03/2009 - 13:18

Varios gobernos están descubrindo recentemente os beneficios do Software Libre. En principio chegan atraidos ó Software Libre polo seu baixo custo pero van a medida que o van coñecendo descubren bos motivos para adaptalos no seu sistema como a interoperabilidade, o uso de estándares, a seguridade e filosofía do código aberto.

Inglaterra insiste na creación de un modelo participativo entre a administracion e os seus proveedores de Software e Canadá recentemente lanzou unha petición oficial de información buscando a participación cidadá. España está á cabeza de Europa nas iniciativas de implantación do Software Libre na administración.

Tamén é de resaltar o Observatorio e repositorio do Código Aberto da Comunidade Europea.

Linux avanza, claro.

Enlace á noticia orixinal.

Categorías: LUG's Galegos

Manifesto da Comunidade Galega de Software Libre

Xov, 12/03/2009 - 13:18

Relacionado: Premio a Microsoft

 A comunidade de software libre de Galicia, incluíndo a usuari@s, programador@s e tradutor@s que a conforman, e tras o debate oportuno nas canles de comunicación que nos son propias, coincidimos unanimemente na necesidade de facer público o estupor e perplexidade que nos produce a nova feita pública, o día 23/02/09, pola Presidencia da Xunta de Galicia na que se di, literalmente:

'O premio á promoción da realidade plurilingüe consiste nunha distinción honorífica sen contido económico, e correspondeulle na súa primeira edición á empresa Microsoft, galardoada polo seu esforzo de xuntar a diversidade lingüística coas novas tecnoloxías.'

O noso estupor non procede de que o galardón se conceda a unha compañía privada, nin tampouco polo feito de que non valoremos a calidade ou esforzo do traballo realizado na adaptación ó galego dos produtos que Presidencia menciona a continuación na nova. A nosa perplexidade refírese a que non podemos comprender os motivos que levan ós gobernos balear, catalán, galego e vasco a outorgar o premio ó fomento ó plurilinguismo a unha empresa que non fomenta tal.

Microsoft é unha empresa internacional que obtivo no ano 2008 uns beneficios de 60.700 millóns de dolares e que ben puidera ter pagado por si mesma a tradución completa dos seus produtos ó catalán, éuscaro e galego, que en conxunto suman uns nada desestimables 14 millóns de persoas, un terzo da poboación española. Porén, as traducións dos seus produtos foron feitas por mediación dos gobernos locais, en determinados casos con aportacións directas ou ben con outro tipo de incentivos, cando xa só en concepto de licenzas Microsoft está a percibir millóns de euros anualmente desas mesmas administracións gubernamentais. Caso máis importante é que no caso de traducións de produtos de Microsoft que foron financiadas de xeito público os recursos lingüísticos xerados durante a tradución, que son de enorme valor, non foron postos a disposición pública. Tamén, as traducións de Microsoft Windows XP, Vista ou Office son traducións parciais e non inclúen a axuda, instalación ou outros elementos localizables. Para o catalán, éuscaro e galego, están concebidas como traducións subordinadas do español ou do francés no caso catalán; así que o usuario non ten libertade absoluta para instalar o soporte da súa lingua pois esíxeselle que teña determinadas versións dos produtos Microsoft Windows e Office da versión española ou francesa.

Que Microsoft traduza e ofreza servizos nas linguas propias destas comunidades non repercute máis ca no propio beneficio da empresa que atendendo ás necesidades lingüísticas dos seus usuarios, especialmente de tres do máis importantes, as populosas administracións dos gobernos balear, catalán, galego e vasco coas súas respectivas institucións locais, consegue afianzarse, ó teren xa produtos coñecidos e que ostentan monopolios, neste sector de mercado co efecto colateral de inhibir outras alternativas libres que xa dispoñen destes servizos (tradución das interfaces gráficas e correctores ortográficos ou gramaticais) a un custo nulo.

Así mesmo, a comunidade de tradución ó galego de software libre, síntese dalgunha maneira agraviada pola concesión do galardón así como seguramente se sintan as comunidade de tradutores de software libre do éuscaro e catalán, cos que nos sentimos identificados e apoiamos nesta mesma causa. De xeito similar ó que acontece nas outras comunidades mencionadas, en Galicia lévase máis de dez anos traducindo software libre ó galego de xeito anónimo, altruísta e comprometido. Neste tempo a nosa comunidade conseguiu acadar, por exemplo, a tradución completa dos ambientes de escritorio GNOME e KDE, as distribución Debian ou Ubuntu entre outras, o entorno ofimático OpenOffice e a suite Mozilla, os cales son todos proxectos que requiren un esforzo humano colosal. No seu conxunto, os produtos actualmente traducidos constitúen unha alternativa libre, carente de custo, ós produtos da empresa galardoada. Ademais, se falamos de soporte lingüístico, cremos que só o software libre ofrece igualdade de oportunidade e facilidades a tódalas linguas e para comprobar que é así non máis ca botar unha ollada ó que o software libre chega. Como exemplos, o ambiente de escritorio KDE tradúcese a un total de 103 linguas diferentes e GNOME a 110 linguas e as traducións non só se limitan ás maioritarias coma o Chinés ou o Ruso senón que permite a tradución a calquera lingua, poñase por caso o gaélico, o frisón ou o feroés, todas linguas minoritarias, pois o software libre pode ser traducido libremente por calquera que o desexe. En contraposición a isto, as linguas minoritarias non teñen interese económico para empresas como Microsoft así que a efectos del ocalización son ignoradas por completo. Nin sequera se facilita a súa tradución dun xeito externo á empresa como fai, por exemplo, Google con algún dos seus produtos.

Finalmente, a Consellería de Industria da man de Mancomun.org, nos últimos anos veu apoiando o software libre e a tradución ó galego dun xeito decidido e comprometido e expresión deste apoio son o plano PEGSI e os encontros de tradutores G11N así como que se conseguiran determinadas traducións, coma OpenOffice ou Mozilla. En conxunto, valoramos estes esforzos coma positivos. Por iso, ademais de polos motivos anteriores, apreciamos a concesión do galardón, a suxestión da Secretaría Xeral de Política lingüística, coma un xiro no Goberno na dirección oposta e incorrecta. Porén, confiamos e desexamos que a política futura do goberno galego avance apoiándose no software libre e erradicando manifestacións gratuitas e incoherentes coma esta.

 

GALITE apoia totalmente o contigo íntegro deste Manifesto.

Categorías: LUG's Galegos

Spam

Xov, 12/03/2009 - 13:18

Un dos contidos máis molestos de Internet, sin lugar a duda é o SPAM, existen varias ferramentas de Software Libre que permiten detectar e filtrar o molesto correo non deseado.

Páxina do proxecto SpamAssassin de Apache

E ahora unha explicación sinxela do Spam por parte de Muchachada Nui, Nui

Categorías: LUG's Galegos

GALINUX nos medios

Xov, 12/03/2009 - 13:18

 

Seguramente que moitos de vos veu recentemente os anuncios que emite a TVG sobre GALINUX, o sistema operativo baseado en Ubuntu que está a promocionar Mancomun e a Consellería de Industria da Xunta de Galicia.

Dende GALITE comunicamos que recibimos material promocional como carteis e dípticos e copias de GALINUX para repartir e promocionar o seu uso. Certamente sorprende a aposta tan forte que está a facer a administración por GNU/Linux e non podemos máis que animala.

Deixámosvos cos Anuncios de TV que están colgados dende fai tempo en Youtube:

Saudos.

Categorías: LUG's Galegos

Computación en nube ¿a nova burbulla das .com?

Xov, 12/03/2009 - 13:18

A mediados dos noventa as industrias informáticas comezaban a despuntar co auxe da Internet entre os consumidores de a pé.

Esa época fixo moi ricos a moitos emprendedores que, di a lenda, dende os seus sotos ou garaxes comezaban dende 0 ["from scratch"] un novo tipo de empresa de servicios intanxibles pero ubicuos.

A esa burbulla chegoulle o fin, pero esas empresas sentaron as bases dos servicios web que continuaron a principios do século XXI.

Por aquel entón chegou Google, que a partir dun simple buscador volvería a revolucionar o sector ofrecendo pouco a pouco outro tipo de servicios que tenden a prescindir cada vez máis de aplicacións locais e a deixar a un lado "detalliños sen importancia" como o sistema operativo no que se executan [sempre e cando sexa un S.O. actualizado].

Esa tendencia a prescindir das aplicacións locais e usar no seu lugar aplicacións web que realizasen o seu traballo, deu en denominase "Computación na nube" ["Cloud Computing"].

Un exemplo destas "aplicacións da nube" aparecía en 2005: Writely, un procesador de textos en liña, que posteriormente pasaría a formar parte de Google Docs.

Pero non só de Google vive o geek, nin todas as mellores ideas saen do MIT ou Sillicon Valley.

Ó mesmo tempo que saía Writely, un par de emprendedores españois, concretamente de Olesa de Montserrat, decidiron ir máis alá e crear un WebOS ou Sistema Operativo Web.

O curioso do asunto é que os visionarios tras este proxecto, Pau Garcia-Milà e Marc Cercós, contaban tan só con 17 anos de idade e moi poucos recursos económicos. Sen embargo fixeron fronte as adversidades e ó escaso apoio institucional e en pouco tempo xa contaban con un pequeno equipo de programadores e varios pedidos para o seu Sistema Operativo Web: EyeOS.

Lonxe de fracasar, o proxecto foi evolucionando gracias á comunidade e hoxe xa acadou a version estable 1.8 [Lars].

Balzac.tv acaba de publicar unha reportaxe acerca da empresa, onde entrevistan ós fundadores e contan as particularidades dos inicios e os proxectos para o futuro.

 

 

 


Balzac.tv: Viviendo en la nubes

 

 

Categorías: LUG's Galegos

Obamamanía

Xov, 12/03/2009 - 13:18

E dificial para calquer terraqueo non saber que é Obama. Levamos oindo falar de Obama, opinar de Obama, ver na tele a Obama e como non a Obama en Internet.

Bombardeousenos constantemente sobre a tecnofilia de Obama, da súa suposta adicción á blackberry, incluso sabemos que utiliza habitualmente Mac e por algunha noticia recente que o equipo do presidente de EEUU se soprendeu moito ó ver o atraso tecnolóxico da Casa Branca.

Dende logo parace que algo pode cambia xa que dende que Obama e presidente temos a boa nova de que a páxina Web da Casa Branca está licenciada baixo Creative Commons e que incluso Lawrence Lessig (fundador de Creative Commons) podería ser un conselleiro do novo presidente de EEUU.

E seguindo por este camiño resulta que a última noticia que temos é que a nova administración estadounidense contacta con Sun Microsystems para que lles informe sobre os beneficios do Software Libre.

¿¿¿Veremos a Stallman na casa branca???

Categorías: LUG's Galegos

Conectar Máquina VirtualBox Windows en anfitrión Ubuntu a unha VPN

Xov, 12/03/2009 - 13:18

Debido a que recentemente necesitei facer posible unha conexión VPN dende unha máquina virtual VirtualBox con Windows XP nun afitrión Ubuntu fixen unha traducción do manual que atopei ná páxina

http://buranen.info/?p=241 escrito por Burner

E situei ese artigo na sección de artigos de Galite á que podedes acceder dende o menú principal o pinchando aqui.

Espero que vos sexa util.

Saudos.

Categorías: LUG's Galegos

GNU/Linux en cualquier lado

Xov, 12/03/2009 - 13:18

Un visitante do último CES comproba que ainda que gnu/linux non estivera presente na feira cada día vense novas aplicacións para o noso sistema operativo favorito:

 

Categorías: LUG's Galegos

Software Libre para todos

Lun, 09/03/2009 - 01:16

Acordádesvos de aquel anuncio de CocaCola feito por uns Argentinos de para los padres, para las madres, para los niños.... para todos. Pois temos un post con unha versión Software Libre... tamén argentino claro:

"¿Acaso hay alguna palabra más política que Libertad? ’’’ Por qué usamos software libre... ’’’

... los y las Liberales

Porque estamos en contra de los monopolios, y defendemos la transparencia en los mercados, la inexistencia de secretos y externalidades, eso significa código abierto.

Para que un mercado sea perfecto tiene que haber libre flujo de la información, es la única forma de asegurar la competencia. En un mercado perfecto la tasa marginal de ganancia tiende a 0.

... los y las Socialistas

Porque es una construcción social y colectiva, permite su uso por los poderes públicos y construye un capital en el ámbito del estado. Es el fundamento del socialismo del siglo XXI en cuanto a las sociedades del conocimiento actuales y futuras, en el marco de la libertad del conocimiento.

... los y las Comunistas

Porque así podemos ayudar a acabar con una forma de apropiación del conocimiento, sustento del capitalismo moderno.

El capital intelectual es a las sociedades del conocimiento, lo que la propiedad de los medios de producción es a las sociedades industriales.

Los derechos de autor y las patentes en el periodo posterior a la revolución informática son anacronismos que frenan el desarrollo de las fuerzas productivas."

.......... sigue na páxina orixinal

 

Categorías: LUG's Galegos

BBPress Traducido ó Galego

Ven, 06/03/2009 - 14:15

Boas a todos. Ó correo de galite chegou o aviso de que o sistema de blogues BBPress acaba de ser traducido ó galego na súa versión 1.0.4 Alpha. Egalego.com reune os intereses dos afecioados á informática e que queren ter o seus programas e Webs habituais en galego. Egalego.com, unha iniciativa para poñer o Galego en internet, súmase a outras iniciativas de traducción moi coñecidas.

 

Saudos.

Categorías: LUG's Galegos

Video promocional de GALINUX

Xov, 26/02/2009 - 16:15

Categorías: LUG's Galegos

Presentación de GALINUX

Mér, 25/02/2009 - 16:15

Hoxe, xoves 11 de decembro, ás 10:30 presentouse no Hotel Porta do Camiño a distribución galega baseada en Ubuntu e apoiada por Mancomún e a Xunta de Galicia: GALINUX.

Unha das súas carácterísticas máis importantes é que está totalmente traducida ó galego coa inestimable colaboración dos grupos galegos como "TRASNO" e que está baseada nunha Ubuntu 8.04 o que a fai facilmente compatible cos desenrolos para Ubuntu e Debian.

Nace non sin certa polémica polo nome e estar baseada nunha Ubuntu sin embargo é unha boa noticia un GNU/Linux galego.

Podedes acceder á noticia en Mancomún aquí.

E dende aquí á páxina de GALINUX.

Saudos.

Categorías: LUG's Galegos